E Os Amigos e os Aspirantes ascenden a Segunda Autonómica….

E Os Amigos e os Aspirantes ascenden a Segunda Autonómica….

13 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os equipos da SD Os Amigos de Ferrol e do Aspirantes de Santa Mariña lograron esta pasada fin de semana o ascenso á Segunda Autonómica de Ferrolterra despois dunha campaña impresionante. Faltan duas xornadas para rematar a liga na Terceira Autonómica pero a SD Os Amigos xa teñen o pasaporte gañado para xogar a vindeira temporada na categoría “raíña” do fútbol afeccionado de Ferrolterra.

O mesmo ocurre co conxunto de Santa Mariña. Os Amigos gañaron ao Monfero (pecha-cancelas da clasificación) por 2 a 0 e suman na táboa clasificatoria 56 puntos de 26 partidos disputados. Pola súa banda, o Aspirantes vence ao Cañoles no Barqueiro por 1 a 3. Na terceira posición prodúcese un dó entre o CF Mandiá e o CD Rosalía de Vilaboa, ámbolos dous equipos con 49 puntos.

Deportes