Economía ecolóxica para sair da crise

Economía ecolóxica para sair da crise

16 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A economía ecolóxica –ciencia e xestión da sostenibilidade- está en auxe. Un dos seus obxectivos reside na análise multidisciplinar e transdiciplinar dos problemas económicos, ambientais e sociais. Fronte aos que anuncian brotes verdes e a luz do final do tunel, hai voces que apuntan que só con outro modelo de crecemento poderemos sair da crise.

Todos os conflitos relacionados coa crise económica, se cadra puidéranse ter evitado se fixésemos unha achega diferente ás relacións mercantís. É o que propón a Rede de Economía Ecolóxica que se reuniu a pasada fin de semana en Santiago de Compostela. En troques de atender só aos cartos, cómpre preocuparse por unha base física da produción e o consumo respectuosa co medio ambiente. A definición máis polo miúdo da economía ecolóxica dánola o profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela Xoan Ramón Doldán, quen opina que non haberá xeito de sair da actual crise, se non se teñen en conta eses parámetros.

 

Doldán concede que é moi difícil rachar coa dinámica que o mide todo en termos monetario, pero anímanos a cavilar en que a economía é un fenómeno que naceu coa primeira sociedade humana e que o concepto do diñeiro é moi posterior. A obsesión polo carto agocha os problemas ambientais, denuncia, e por iso na xuntanza en Galicia dos defensores desta corrente de pensamento na economía falaron de temas moi diversos dende unha perspectiva multidisciplinar. 

Sociedade