Edgar Vigo e Fátima Ameneiro participan no Ralli da Ulloa

Edgar Vigo e Fátima Ameneiro participan no Ralli da Ulloa

16 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A vindeira fin de semana comezarán as actividades deportivas da Escudería Scratch Fene na tempada 2010. Este comezo de actividades, coincidirá coa celebración do III Rali Comarca da Ulloa, proba a desputar na provincia de Lugo e que puntuará con coeficiente 7 de cara ao campionato. Os pilotos Edgar Vigo e Fátima Ameneiro tomarán parte na proba luguesa no seu Civic VTI que participarán encadrados dentro do novo trofeo promocional Kumho Tyres e que tenta

Tamén participan Rubén García “Nayen ” e José Viéitez, que armáronse cun Peugeot 206 XS para participar dentro do Trofeo promocional RACC tras ter participado o ano pasado no Trofeo Kentes e obter algúns postos moi interesantes.Este ano loitarán no Trofeo promocional máis competido da historia e no que esperan progresar carreira a carreira para chegar aos postos de podium a partires do Rali de Narón. Tamén estarán no rali da Ulloa Óscar Romero e Borja Boado, piloto incorporado nesta tempada as cores do clube fenés, compaxina a sua labor periodística en Radio Culleredo coa sua paixón polo deporte do motor. A bordo dun Peugeot 106 intentará obter un bo resultado. A Escudería Scratch Fene trasladará a esta proba o seu coñecido furgón de asistencia que este ano foi dotado de toda a infraestrutura necesaria para a realización dunha correcta posta en escena dos pilotos e mecánicos e de tódolos medios mecánicos para obter un resultado idóneo en cada reparación.

Deportes