Eduardo Blanco Amor visitou Perlío en 1976

Eduardo Blanco Amor visitou Perlío en 1976

27 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene acolléu en Nadal de 1976 a única homenaxe en vida ques e lle adicou ao escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor. Foi no CCRD de Perlío onde quedou constancia do acto no libro de honra da entidade onde Blanco Amor escribiu unhas palabras. O concello de Fene quere recuperar calquera documento gráfico que poidera haber de tal acontecemento para incluílo na organización da XXX edición do Premio Blanco Amor que este ano lle toca a Fen

A primeira desas actividades é a configuración dun Grupo de lectura de “A esmorga” novela principal doe scritor ourensán. O grupo reunirase a partir do 26 de abril todolos xoves ás 7 na casa da Cultura, coa axuda dun coordenador. A inscripción é gratuíta e como máximo formarán parte del 20 persoas que deben inscribirse previamente no departamento de Cultura. Visionarase a versión cinematográfica de Gonzalo Suárez “La parranda” protagonizada por José Sacristán.
A segunte actividade xa programada é unha viaxe cultural a Ourense o dia 12 de maio para seguir a ruta por onde discurre a novela. A viaxe terá un coste de 20 € .

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, manifestou a honra que supón para o concello de Fene ser a sede da trixésima edición do premio, este ano. Lembrou a presencia de Blanco Amor en Perlío no ano 1976 e reproduciu as palabas que o escritor deixou plasmadas no libro de honra da entidade. A concelleira de Cultura pediu esta mañán a colaboración da cidadanía para conseguir documentación gráfica dese acto do Círculo de Perlío. Rocío Bértoa declarou que nos actos previos á entrega do premio vai primar a divulgación da figura de Blanco Amor con actividades como o grupo de ñlectura ou a excursión a Ourense seguindo a ruta de Esmorga, pero tamén con outras como unha exposición que acollerá o Museo do Humor de Fene no mes de novembro, con caricaturas de Blanco Amor que coordenará o debuxante Siro López. No mesmo mes preténdese organizar tertulias literarias coa presencia de seis gañadores-as do premio en anteriores edicións.

Na última edición foron 46 os concellos que colaboraron co Premio de Novela Blanco Amor. Fene quere incrementar o número este ano daí que o alcalde se dirixa a todolos alcaldes e alcaldesas de Galicia animándoos a participar nesta trixésima edición. O custe total da organización do premio ascende a 23. 570€, dos que o gañador ou gañadora se leva 12.000. Os 46 concellos actuais aportan un total de 16. 920€. Fene, como concello organizador, ten que aportar 6.650€, cifra que a edil de cultura pretende rebaixar coa achega de subvencións.

Sociedade