El último ke zierre no Revoltosa Rock 2010

El último ke zierre no Revoltosa Rock 2010

19 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O campo de fútbol novo de Montaos en Ordes acollerá o próximo 2 de xullo o Revoltosa Rock 2010. Un festival, con entrada gratis, que está organizado pola Asociación Xuvenil A Revoltosa e conta coa colaboración do Concello de Ordes. Nesta ocasión serán catro os grupos que se suban ao escenario a partir das 22:30 horas, grupos de ámbito nacional como “El Último ke Zierre” de Castellón e “Skama la rede” de Astu

Ademais dos concertos haberá tamén as actuacións de dous dj´s de música experimental e punk-garage, Croma (Live) e Watergate, respectivamente.

Por outra banda tamén haberá un espacio para outro tipo de actividades como exposicións de graffiti, diferentes xogos populares, e como non podía ser doutra maneira, a gastronomía, con tapas de callos para todos.

Ademais para todos aqueles que queiran, ao igual que noutras edicións, tamén haberá unha zona de acampada totalmente gratuíta.

Cultura