"El día de la bestia" (La 2, 22 h.)

"El día de la bestia" (La 2, 22 h.)

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Hai a quen lle dá risa a idea de que o demo habite entre nós, pero hai probas máis que abundantes da súa maldade. Os reloxos despertador con alarma, os horarios laborais, o fígado que nos daban a comer de pequeno ou os politonos para móbil con música de reggeaton son pequenas pistas da existencia do inferno na terra. Probada a súa existencia, enténdese a necesidade dos exorcistas, unha especie de servicio de limpeza da satanidade, ou de

Tan convencido como min debía estar o director Álex de la Iglesia, quen rodou no ano 1995 “El día de la bestia”, un dos seus mellores filmes e que sobrancea por algo que o director basco esquece de cando en vez, pero que cando pon en práctica é o que o distingue: facer películas como se non fosen cine español. Non hai aquí drama íntimo, nin crónica guerracivilesca, senón acción, ciencia-ficción e espectáculo palomitero, co contrapunto humorístico de desenvolverse en lugares recoñecibles e con protagonistas da historia de costumes patria, como son o curiña beato e o ‘jevirulo’ fan de Barón Rojo. A música de Def Con Dos, os heroes pendurados do cartel da tónica Schweppes, e a aparición de Lucifer no centro financieiro de Madrid son detalles para a lembranza que paga a pena repasar esta noite a partir das dez en La 2, que é cando se emite “El día de la bestia”.
Cultura