El Drogas e O´Funk´illo tocarán no Fenerock 2014

El Drogas e O´Funk´illo tocarán no Fenerock 2014

14 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Practican funky andaluz embrutesío e anuncian o show con máis pouca vergoña da historia. O´Funk´illo tocará no Fenerock 2014. A organización do festival de rock deu a coñecer este mediodia o cartel do festival que se celebrará en San Valentin o dezanove e o vinte de setembro.

O venres 19 subirán ao escenario Californic Action, Stigma, Perfect Stranger Project e El Drogas, o alma mater dos lexendarios Barricada. O sábado 20 tocarán Huéspedes Felices, Kay Blue & Crazy Cats, Holywater e O´Funk´illo. Ao mediodia do sábado haberá sesión vermout con pinchos e unha exhibición de baile a cargo de Fusion Dance. O Fenerock continuará a ser de entrada libre, ainda que este ano colaboran na organización a asociación Os Cen Tolos e o Concello de Fene. Os organizadores reiteraron o seu agradecemento ás máis de cincuenta persoas que colaboran desinteresadamente con este evento sen ánimo de lucro. O festival cumpre doce anos e veu pasar polo seu escenario a artistas da talla de Antonio Vega, Burning, La Frontera, Miguel Costas, El Gran Wyoming ou Pablo Carbonell, entre outros.

Sociedade