Elexido o xurado do XXX Premio de novela Eduardo Blanco Amor

Elexido o xurado do XXX Premio de novela Eduardo Blanco Amor

07 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene ven de nomear o Xurado da XXX edición do premio de novela longa “Eduardo Blanco Amor”  que acolle este ano e cuxa entrega está prevista para o mes de novembro. Manuel Lourenzo ou Miro Villar encóntranse entre os que xulgarán as obras presentadas a concurso.

O xurado do premio, nomeado nesta convocatoria polo propio concello, estará formado por cinco membros:
Xosé María Dobarro Paz, catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña e autor de numerosos traballos de investigación sobre autores galegos. Margarida Romero- Marga do Val- é profesora de Língua e Literatura,  galegas, e exerceu a docencia nas Universidades de Tréveris e Colonia. Miro Villar, profesor de literatura, poeta, e crítico litearario  e Manuel Lourenzo, escritor e dramaturgo, gañador do Premio Eduardo Blanco Amor na edición do 2011. Presidirá o xurado a Concelleira de Cultura, Rocío Bértoa Puente, mentras que actuará de Secretario o coordenador do premio, Daniel  Romero.

Sociedade