ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Els Joglars chegan a Ferrol este xoves coa obra “2036 Omena-G”, unha autohomenaxe en clave xeriátrica no 50 aniversario da compañía. Será a primeira representación dunha xira que os levará na primeira quincena de novembro, por toda Galicia.
A compañía iniciará no teatro Jofre del Ferrol a xira galega do seu espectáculo "2036 Omena-G". Será o 4 de novembro, e trala representación en Ferrol, a obra poderá verse tamén no Auditorio de Ourense (día 7), no Centro Cultural Caixanova de Vigo (días 9 e 10), no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña (días 12, 13 e 14) e no Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra (día 17).
Nesta montaxe, a compañía dirixe unha mirada imaxinaria cara ao seu futuro e, máis en concreto, hacia o ano 2036, cando unha importante entidade bancaria patrocina unha homenaxe a Els Joglars. Ou máis ben, unha «anti homenaxe» para imaxinar o futuro da compañía dentro de 25 anos, cando celebrará o seu 75 aniversario.
Albert Boadella alzóuse co premio á mellor dirección pola sua particular anti homenaxe "2036 Omena-G".
Con este premio o público recoñeceuse o mellor de Joglars, que desplegóu en Palencia, a semana pasada, todo o que se esperaba da veterana compañía catalana, "un poco de mala leche y una interpretación coral espléndida".