Empate entre dous grandes do futbol feminino

Cultural Maniños 1- Galicia de Caranza 1
18 de Decembro, 2019 - 08:41 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños xa está preparado para o derbi do próximo domingo, despois do bo xogo desplegado diante do Caranza.

ESCOITA O PODCAST:

O Cultural Maniños feminino podía ter gañado esta vez ao Caranza. Sería unha vez moi importante porque se trata do primeiro partido da Liga. Empatou a uns co Caranza, o eterno rival. Agridoce foi o resultado para o técnico Carlos Gómez e para as rapazas do Pote porque sacaron un punto e iso non é fácil, pero saben que esta vez poderían ter gañado a tenor do boísimo partido que fixeron. Un 10 en defensa púxolles Carlos Gómez, quen destaca a primeira parte das fenesas, na que se puxeron por diante no marcador. O empate chegou antes do descanso. Na segunda houbo varias ocasións de decantar o partido para esta banda da ría e foi unha mágoa non conseguilo.

O próximo domingo 22 chega o derbi. Xa na segunda xornada de liga, enfróntanse Perlío e Maniños, no campo dos Pinares, ao parecer ás 11,30h. O Maniños acudirá con moito respeto aos Pinares coa intención de seguir na liña que empezaron e sabedoras que sempre lles dan guerra.

Deportes

Publica o teu comentario agora