En Culleredo, Betanzos e Bergondo, alcaldía para o PSOE

En Culleredo, Betanzos e Bergondo, alcaldía para o PSOE

11 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Julio Sacristán resultou reelexido esta mañá alcalde de Culleredo cos votos do PSOE e do BNG. En Betanzos a candidatura de Cidadáns respaldou finalmente ao socialista José Ramón García, En Sada fíxose co bastón de mando Ernesto Anido (Partido Popular) tras recibir os votos do ex alcalde Ramón Rodriguez Ares, arrebatandolle a alcaldía ao nacionalista Abel López Soto, que encabezou a lista máis votada.

O PP recupera a Alcaldía de Sada, mentres que perde a de Betanzos na área metropolitana da Coruña, logo de recibir o apoio, na constitución das novas corporacións municipais, do Partido Demócrata Sada Popular (PDSP), do seu ex militante Ramón Rodríguez Ares, no primeiro caso e perder, no segundo, o apoio de Cidadáns por Betanzos (CxB).

Ademais de en Betanzos, na área metropolitana da Coruña os socialistas gobernarán en Culleredo e en Bergondo con pactos, mentres que a Alcaldía coruñesa pasa, por primeira vez na época democrática, ao PP, que obtivo maioría absoluta o pasado 22 de maio, tras 28 anos de gobernos encabezados polos socialistas.

Nunha asemblea previa ao pleno, os militantes de CxB decidiron apoiar a candidatura socialista á Alcaldía encabezada por José Ramón García. O acordo deixou sen opcións á actual rexedora en funcións, María Faraldo, a pesar de ser a lista máis votada. O BNG tamén apoiou ao candidato socialista.

En Sada, finalmente, e tras días de incerteza, gobernará o PP de Ernesto Anido despois de que o Partido Democráta Sada Popular (PDSP) de Ramón Rodríguez Ares, con 5 concelleiros, un máis que os populares, apoiase a súa candidatura. Logo de numerosas reunións, agora queda a situación pendente dun posible pacto de goberno.

Sociedade