En Fene aínda non se fala de moción de censura

En Fene aínda non se fala de moción de censura

08 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Podería suceder ou non, pero, a un ano das ultimas eleccións municipais, o BNG e o PSOE de Fene poderían poñerse dacordo e presentar unha moción de censura ao goberno do PP. Algo que tamén sería probable nas localidades de Cuntis e Moaña onde os populares gobernan en minoría. A noticia de que hai conversas entre as cúpulas galegas das duas forzas políticas, saltaba onte no xornal dixital Praza Púbrica. Esta mañ&a

Manuel Polo recoñece que a posibilidade de presentar unha moción de censura sempre está aí, agora ben, "terían que darse as circunstancias para levala a cabo", cousa que neste momento non se prantexou, porque na praxis politica de todolos días aínda non se vé esa sintonía entre nacionalistas e socialistas de Fene que se precisaría para chegar a un pacto local dese calibre.

O portavoz do BNG afirmou que o PP leva un ano gobernando e aínda lle quedan tres. Nese tempo poderían cambiar as circunstancias políticas xerais e locais que poidesen desembocar nunha moción de censura. En todo caso, o portavoz nacionalista afirma que o que máis influiría nesa decisión é que a actuación do PP " empeorase a vida dos veciños e veciñas de Fene".

Sociedade