Encanto de Cantareiras

Encanto de Cantareiras

11 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O II Encontro de Cantareiras organizado pola Banda de gaitas tradicional "Airiños de Fene" coa colaboración da Liga de Amigos de Barallobre, reune este sabado nesta parroquia fenesa a catro agrupacións da comarca, chegadas de Ortigueira, Cerdido e Fene. O Encontro naceu coa intención de dar visibilidade aos numerosos grupos de mulleres que rescatan a maneira de cantar do rural galego, un patrimonio inmaterial de gran valor. Primeiro irán desfilando as cantarei

Os grupos de cantareiras Algarabía de Lago- Valdoviño- e Airiños dos Carrís de Cerdido, son as convidadas pola Banda Tradicional de Gaitas Airiños de Fene no II Encontro de Cantareiras que se celebra en Barallobre este sabado día 11, ás oito da tarde. A elas hai que sumar Xerfas e Xirifeiras da propia banda organizadora. O Encontro volverá ter como escenario a Liga de Amigos de Barallobre e estará conducido por Lidia Sanmartín, da agrupación Bolboretas de Barallobre.

Sociedade