Enchufes en troques de estacións de servizo

Enchufes en troques de estacións de servizo

17 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Nun horizonte de dez anos, o 20 por cento dos automóbiles que se matriculen serán eléctricos. Velaí o novo mercado que pretende explotar a empresa galega Blue Mobility Systems, que dende outubro comezará a espallar pola nosa xeografía puntos de recarga para este tipo de vehículos alimentados por enerxía limpa. A partir de outono comercializaránse sete modelos de coche eléctrico que precisarán para a súa repostaxe de enchufes

A tecnoloxía desenvolvida por Blue Mobility é totalmente galega e creouse sen axudas públicas. Os promotores da iniciativa teñen plans para crear uns 50 postos de traballo grazas a unha rede de recarga que funcionará de xeito intelixente, servíndose dos vales no consumo eléctrico para non sobrecargar a rede e mellorar a eficencia do servizo. Na actualidade os vehículos limpos resultan máis caros que os tradicionais, pero o seu prezo axustaráse consonte á evolución da tecnoloxía das baterías eléctricas. Alberto Casal avanza que a autonomía destes coches, que na actualidade é duns 150 quilómetros tras unha recarga, multiplicaráse a curto prazo ata chegar aos 400 quilómetros.

Sociedade