ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Empezamos mal, con recortes de persoal nos colexios”. Valoración sobre o comezo do curso escolar que fai a responsable de Igualdade e Ensino no Concello de Fene, Mari Carmen Martinez e voceira de Esquerda Unida coa que repasamos iniciativas que ten en marcha a súa Concellería
Proxecto Indira, mecánica de coches e aprender como facerlle fronte a unha agresión ou calquera tipo de acto violento. Son algunhas das propostas que ofrece ás mulleres de Fene, para os próximos meses, a Concellería de Igualdade. Unha media de doce mulleres participarán no Proxecto Indira. “Un obradoiro que ten moi boa acollida e esperamos que sexa de utilidade para as mulleres que participan”. Comezará o mércores día 27 de setembro. Para outubro está previsto o inicio de dous cursos de defensa persoal. Un destinado a mulleres e outro para nenas e adolescentes. No primeiro hai quince anotadas, no segundo aínda quedan prazas e a concelleira anima ás rapazas, de 12 a 18 anos, a apuntarse. Aprenderán a “actuar nunha situación de perigo ou mesmo como reaccionar psicoloxicamente en casos de bullying”. A nova edición do obradoiro de mecánica está “para ofertar, hai interese nel e estamos mirando datas”.
Publica o teu comentario agora