As entradas para o concerto de Carlos Baute póñense á venda esta semana

As entradas para o concerto de Carlos Baute póñense á venda esta semana

26 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol pon á venda ao longo desta semana as entradas para asistir ao concerto que Carlos Baute dará no parque municipal Raíña Sofía o sábado 6 de agosto dentro da programación das Festas de Verán de Ferrol 2011. Os tickets poderanse adquirir no despacho do Teatro Jofre, que estará aberto dende as 11:00 ata as 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas.

A actuación de Carlos Baute é un dos concertos estrela dos festexos de verán. Ademais se trata dun evento cun marcado carácter solidario, xa que o Concello doará parte do que se recade a dúas entidades sociais de Ferrol. De aí, que a actuación do cantante venezolano sexa a única de pago destas festas. Dos doce euros que custa a entrada, un vai para a Cociña Económica e outro para Cáritas. O número de entradas que se porán a venda está limitado a 2.500, aforo máximo permitido no parque Raíña Sofía para evitar riscos e aglomeracións.

O concerto principiará ás 22.30 horas e as persoas que asistan gozarán do último traballo discográfico de Carlos Baute, “Amarte Bien”, e dos éxitos anteriores dunha das figuras máis destacadas do panorama musical internacional.

Sociedade