EntrElas actúa en Perlío

EntrElas actúa en Perlío

13 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo vocal “EntrElas” actúa no Son de Cociña (Perlío) mañá sábado ás 22:00horas, no que supón a estrea deste grupo na comarca. Cun repertorio moi rico en musicas de diferentes orixes, o grupo formado por 8 mulleres, unha delas fenesa, é toda unha revelación, segundo Mónica , do Mesón de Cociña.A actuación deste sábado en O Son de Cociña é a estrea de EntrElas na comarca.

O grupo:

EntrElas constitúese como grupo de voces feminino a finais de 2011 na Coruña. Está dirixido pola cubana Ileana Delgado, quen ao chegar á Coruña no ano 2008 empezou a colaborar en diversas agrupacións corais. En pouco tempo, deuse conta de que o repertorio destas agrupacións era bastante clásico e tivo a idea de crear un grupo que ofrecese un tipo de música pop, latina, folk, afrocubana, máis moderno e cunha sonoridad unicamente vocal.

Xunto con outras afeccionadas ao canto da zona de Ferrolterra decidiron en 2011 montar un grupo coral ecléctico, como as raíces das que proviña cada unha delas, de agrupacións corais, folclore, reggae, música popular.
Comezaron sendo seis integrantes e agora mesmo son xa oito en EntrElas: Peque, Sol, Iliana, Mayú, Luisita, Luisa, Carla e Antía. Este grupo é socio da Asociación Cultural Tres por Catro.

Sociedade