Equipo que goza xogando

Equipo que goza xogando
30 de Abril, 2024 - 04:29 h. | Publicada por Radio Fene

"Partido reñido” para o Perlío feminino na xornada da fin de semana correspondenta á Terceira Galicia. Perlío 2-4 Eirís. 

ESCOITA O PODCAST:

“O resultado non reflicte o ben que xogamos”, opina a xogadora Sabela López, sobre todo na segunda parte, foi un bo partido pola nosa parte”. Sara Rodríguez pensa que as rivais tiveron sorte. Para Ana Rodríguez o máis relevante é a unión dun equipo que goza xogando, pasa unha mala racha pero non está deprimido. “queda pouco de Liga, levamos unha mala racha, pero á hora de competir creo que o estamos facendo mellor”.

Deportes

Publica o teu comentario agora