A escola BellónMaceiras despide o curso con musica

A escola BellónMaceiras despide o curso con musica

18 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola de Musica BellónMaceiras, despide o curso cunha semana de concertos e festa que arrincan hoxe luns dia 18 coa actuación na Casa da Cultura de Fene do grupo berros do Castro.  A semana remata o sabado 23, cun taller de afinación e reparación de acordeóns, a cargo de Manuel Cociña. Na Casa da Cultura de Fene desenvolveránse todolos actos porque a escola, segundo un dos seus directores, o gaiteiro Dani Bellón, ten que ser un eco do que

Todas as citas coa musica celebraranse na Casa da Cultura ás 7,30 da tarde. Empezan esta tarde cun concerto didáctico de Berros do Castro, que farán un percorrido polos grupos tradicionais de Ferrolterra ao longo do século XX, o que ven ser o contido do seu disco.

O mércores 20 de xuño continuan os concertos con  Farrapos de Jaita no que Agustín Sánchez presenta o ultimo disco cheo de pezas tradicionais con sabor a actualidade, segundo o describiu Diego Maceiras.

O venres 22 chega a gran festa de fín de curso para o alumnado da Escola de Musica BallónMaceiras. Todos e cada un dos alumnos-as actuarán amosando individualmente ou en combo, o aprendido cos distintos instrumentos neste curso que remata. Todos os actos da semana, incluído o obradoiro de Manuel Cociña o sabado, son de entrada libre.

Sociedade