A escola unitaria de Limodre seguirá aberta

A escola unitaria de Limodre seguirá aberta

09 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado de infantil e primaria empeza mañá un novo curso escolar en Fene cos deberes do concello feitos, segundo palabras do alcalde Gumersindo Galego. A escola de Limodre, sobre a que pende cada ano o risco de peche, seguirá aberta. O conxunto dos centros están en boas condicións para comezar as clases, segundo o rexedor. No Ramo a obra máis importante foi a ampliación do comedor escolar para o que houbo que derrubar un tabique e adaptar o espacio &

Mañán serán poucas horas as que se empreguen na presentación do curso porque o alumnado sairá dos centros contra as 12 ou 12,30 da mañá con motivo do paso da Vuelta Ciclista por Fene, para que non se vexa interrumpido o transporte escolar ou para que os rapaces-as poidan ver o paso dos corredores polo concello.

A Vuelta pasará pola avenida Marqués de Figueroa en dirección a Limodre e con Gumersindo Galego falamos esta mañá nas Foxas das obras que se realizan no penúltimo tramo da estrada con cargo ao POS da Deputación 2014. Adiantou Galego esta mañá que pronto se aprobará o POS 2015 co que se remozará o último tramo á altura do Río Cadavo.

Sociedade