A escritora Iria López Teijeiro abre o curso escolar no IES de Fene, do que foi alumna.

A escritora Iria López Teijeiro abre o curso escolar no IES de Fene, do que foi alumna.

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A escritora Iria López Teijeiro dará mañán a Lección Inaugural de apertura do curso no IES de Fene, do que é ex alumna. Na sua intervención, ás 12 da mañán, falará da sua traxectoria profesional dende que abandoou o centro hai 11 anos, da sua traxectoria literaria e do mundo audiovisual no que traballa profesionalmente. Iria López Teijeiro afirmou esta mañán que o instituto de Fene marcouna favorablemete e a&

IES de Fene

Mañán comeza o curso para os estudantes de ESOa, Bachelerato e FP. O IES de Fene comeza o curso 2010-2011 co mesmo numero de alumnos-as en ESO e Bachelerato e un lixeiro repunte na matrícula de Adultos. O centro arranca cun profesor menos de Ingles ao jubilarse unha profesora o curso pasado que non terá sustituto.  A necesidade de máis profesores é para o director do IES de Fene unha batalla perdida. De feito este curso non poderán seguir coas clases de apoio á aula nos primeiros cursos da ESO como ata agora.
Diante do Decreto do Plurilinguísmo, o director do IES fenés, Xoan Vázquez, afirma que nunca tiveron problemas coa língua e seguirán sen telos agora.
En relación cos libros de matemáticas, fisica e tecnología, o centro deixa liberdade aos profesores á hora de recomendar se hai que mercar novos ou non.
En relación coa situación do propio centro, o curso empezará no IES de Barallobre coa promesa acadada no mes de xullo coa Xunta de Galicia, polo que no 2011 incluirá unha partida orzamentaria para ejecutar a ampliación.De momento seguirán utilizando as aulas de informática e debuxo prestadas polo Instituto de Formación Profesional. O centro fenés non se queixa da incorporación de novas tecnoloxías porque hai máis aulas con pantallas interactivas, canóns de proxección e dispoñen de duas aulas de informática. Seguirán adiante os clubs de lectura de pais-nais e de alumnos este curso.  Un curso que comeza mañán ás 11. O transporte escolar pasará media hora antes polas paradas e retornará ao alumnado á 1 cando remate a presentación e a charla inaugural da ex alumna do centro, Iria Lopez Teijeiro.

Centro Integrado de FP de Fene

O centro de FP de Fene tamén abre mañán as portas a alumnos que cada ano veñen de máis lonxe, de Vigo, Ourense, etc… mercede a ser Centro integrado e impartir ciclos superiores únicos en Galicia, segundo o director do Centro Integrado de FP de Fene. Ramón Martínez.
As novas tecnoloxías vánse incorporando continuamente no centro fenés, en pleno periodo de expansión. As faltas veñen dadas pola carencia de espacio.Unha das novidades importantes este curso ven da man dos ciclos formativos nos que os alumnos poden matricularse en módulos soltos, unha especie de Formación á Carta. Ramón Martínez amosa a sua satisfacción polo altísimo nivel dos estudos do centro fenés, un centro que é o único da comarca vinculado ao sector industrial.
Ás 11 da mañán convocan aos alumnos de 1º para explicarlles o funcionamento do centro, a orientadora intervirá despois e por ultimo cada titor dirixirase ao seu alumnado para ultimar todo e que o luns poidan comezar as clases.  A matrícula sigue aberta no centro para os ciclos superiores onde aínda quedan prazas.

Sociedade