Ese ben chamado auga

Vence o contrato do concello de Fene con Viaqua despois de 25 anos de relación
12 de Novembro, 2018 - 10:34 h. | Publicada por Radio Fene

Dende mañá ábrese un periodo de análise e debate sobre o modelo de xestión da auga que quere Fene. Entre a remunicipalización, a privatización ou modelo mixto anda a cousa.

ESCOITA O PODCAST:

Mañá 13 de novembro vence o contrato do concello de Fene con Viaqua despois de 25 anos de relación, desde 1993. Hoxe, con carácter de urxencia, reuniuse o pleno municipal para decidir a extinción do contrato coa empresa que xestiona a auga. A partir dagora prosigue a relación con esta empresa dun xeito provisional ata que o pleno decida o modelo de xestión que sexa máis conveniente para os veciños e veciñas de Fene. Tamén se decidiu elexir un técnico que faga o inventario de como está a situación do servizo.

Nas intervencións sobre este asunto, o BNG abstívose porque, afirma Juventino Trigo, un asunto tan importante non se pode traer o víspera do remate do contrato ás presas. Tanto o PSOE como EU declaráronse firmes defensores da remunicipalización do servizo da auga, tal e como figura nos seus programas electorias. O portavoz socialista reprochou ao BNG que tanto no 2016 en pleno goberno tripartito, como en 2017, os nacionalistas deixaran morrer o debate prantexado polos socialistas sobre o modelo de xestión do servizo da auga e saneamento.

Antón Noceda enfadouse con Trigo esta mañá no debate e chegou a calificalo de "mentireiro". Finalmente PP e PSOE aprobaron a medida, mentres que BNG e EU se abstiveron.

Institucional

Publica o teu comentario agora