Esta noche comenzará a funcionar el cinematógrafo

Esta noche comenzará a funcionar el cinematógrafo

31 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con ese titular anunciou El Correo Gallego o 16 de xuño de 1897 a primeira proxección de cine nun local da rúa Real de Ferrol (A Coruña). A primeira exhibición pública do invento de Lumière realizouse en París o 28 de decembro de 1895. En setembro de 1896 chegará á Coruña e ao ano seguinte a Vigo e Pontevedra (abril), Tui (maio ) e Lugo (xullo).

O humorista Siro López presentará esta tarde na Galería Sargadelos o libro “O cine na comarca de Ferrol”.  Entre os edificios construidos especificamente para o cine en Ferrol, ademais do Teatro Jofre e do Teatro Renacimiento, en 1946 abreu o cine Capitol na rúa Real. Deseñou o edificio o arquitecto Luis Feduchi, quen xa construira en 1933 o Cine Capitol ou Edificio Carrión na Gran Via de Madrid.

O cine constituiu unha parte fundamental do lecer durante todo o século XX. Por iso, as fotografias e os comentarios do libro “O cine na comarca de Ferrol” sen dúbida activará moitas lembranzas. O volume de Aurora Vázquez, María Xesús Arias e Lois Calvo, preséntase ás oito desta tarde na Galería Sargadelos de Ferrol.

Cultura