Estable dentro da gravidade a muller ferida pola súa parella en Chantada

Estable dentro da gravidade a muller ferida pola súa parella en Chantada

27 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Isabel F. D.  de 32 anos, permanece estable dentro da gravidade na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Universitario Lucus Augusti, tras ser tiroteada pola súa parella pasadas o nove da noite no interior dun bar no municipio lucense de Chantada. O agresor, de 41 anos, é o propietario da Hamburguesería Piscis, na que se produciu este suceso e na que Isabel traballa como camareira.

A Policía Local foi alertada e cando chegou ao establecemento estaba pechado, supostamente a piques de abrir para o último día das festas da localidade.

Os axentes comprobaron pola xanela que a muller permanecía no chan, sobre un charco de sangue, polo que accederon ao local tras romper a ventá.

A vítima ingresou no Hospital de Monforte de Lemos, e posteriormente foi trasladada desde este centro ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Tras o suceso, o Concello de Chantada decidiu suspender as festas patronais que celebraban o seu último dia.

 

Sociedade