Estacionamento limitado no campo da feira de Redondela desde o 1 de xuño

Estacionamento limitado no campo da feira de Redondela desde o 1 de xuño

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O estacionamento será limitado no Campo da Feira a partir do 1 de xuño. Os discos que regularán a zona azul comezarán a repartirse o xoves nas oficinas de Caixanova, nas dependencias da policía local e na Praza de Abastos.

A concellería de Tráfico comezará a partir do vindeiro día 1 de xuño o control da zona azul de estacionamento con horario limitado a unha hora e media.Os discos, nos que se marcará a hora de estacionamento e de saída da zona, poderán recoller a partir do 21 de maior e deberán colocarse nun lugar visible da parte interna do parabrisas.O período máximo de permanencia dun vehículo na zona azul é de 90 minutos. Unha vez concluído este tempo o conductor está obrigado a abandonar a zona e non poderá volver a aparcar ata transcorridas dúas horas.O horario de limitación é de 09.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, de luns a venres, e os sábados de 09.00 a 13.30 horas. Os domingos, festivos e sábados de tarde non haberá limitación. Ata o vindeiro día 1 de xuño, data na que entrará en vigor a ordenanza reguladora de zona azul, a Policía Local controlará a correcta utilización do disco horario, polo que recomendan “que os condutores comecen a acostumarse a colocar o disco e a cambiar o vehículo de sitio transcorrida hora e media”.

Institucional