Estréase a película favorita nos premios Mestre Mateo 09

Estréase a película favorita nos premios Mestre Mateo 09

14 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Xa se pode ver na grande pantalla o filme galego “Os mortos van á présa”. Trátase dunha cinta rodada na comunidade na que podemos atopar actores coñecidos como Neus Asensi, Morris, Manquiña ou María Castro.

“Os mortos van á presa” é unha historia que tenta traducir en imaxes algo xa difícil de explicar en palabras: a retranca. A escolla deste leit-motif fai da cinta un filme “moi galego”.

 “Os mortos van á presa” podería pasar por ser o filme de rodaxe máis accidentado da historia. Rodado na Costa da Morte, tívose que suspender unha primeira vez por mor do desastre do Prestige. Cando se retomou o proxecto, a quebra da produtora obrigou ao realizador a asumir toda a responsabilidade, para agora por fin, poder estrear esta historia. De la Cruz coidaba que no cine galego faltaba unha gran comedia e, no propósito de facela, escolleu como tema a morte, un acontecemento que en Galicia mestura a parte dramática coa lúdica.

“Os mortos van a presa” proxéctase nos Cinebox de Odeón ás 18:20, 20:25, 22.30 e 12:45.

Sociedade