EU de Fene reúne aos afiliados maña en San Valentín

EU de Fene reúne aos afiliados maña en San Valentín

30 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esquerda Unida de Fene analiza mañá martes os resultados das eleccións municipais e a súa actuación diante do Pleno da Corporación que elexirá ao alcalde o vindeiro sábado dia 11. A formación de esquerdas convoca aos seus militantes, simpatizantes e votantes a unha asamblea que comezará mañá martes ás oito da tarde no Centro de Promoción Social de San Valentín. Ata o momento só o BNG se dirix

EU de Fene celebra mañán martes a asamblea de afiliados para analisar a sua situación diante da constitución da nova corporación municipal do dia 11 de xuño e para sondear a quen apoiarán á alcaldía. A concelleira electa, Mª Carmen Martínez, emprazou calquera conversa cos outros grupos políticos para despois do martes. De momento só o BNG se dirixíu a eles, segundo explicou en Radio Fene esta mañán. Explicamos neste mesmo programa informativo do sabado que empezaron os contactos entre o BNG e o PSOE, sen que de momento fosen máis aló dun primeiro tanteo e que o BNG está pendente da segunda asamblea que manterá con afiliados e simpatizantes o venres desta semana

Sociedade