Eu de pequeno fun Tarzán

Eu de pequeno fun Tarzán
09 de Maio, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Eu de pequeno fun Tarzán. E o xeneral Custer. E tamén o gran xefe dos sioux Sitting Bull. Houbo infancias e adolescencias marcadas polo cine. Ao sair das películas dos domingos xogábamos a representar aos nosos heroes da grande pantalla.

ESCOITA O PODCAST:
Tarzán, o xeneral Custer e Sitting Bull

Na mocidade de Carlos Seco ían sobre todo ao cine. Primeiro ao Cardoeiro de Maniños, logo ao Adriano de Barallobre e por último ao Perla de Perlío. "Ao cine iamos os domingos todos". O cine chegou a Maniños nos anos da guerra. En 1936 proxectáronse as primeiras películas no salón de baile de Cardoeiro. O novo edificio constrúese en 1956 con aforo para 325 espectadores. Chegou a ter funcións o xoves, sábado, domingo e luns. O cine pechou en 1966. O complexo empresarial de Cardoeiro incluira ultramarinos, bar, baile e cine. Os seus propietarios alugaron tamén durante seis anos o cine Adriano de Barallobre. O auxe das salas de cine prolongouse entre 1950 e 1970. A partir desa data a extensión da televisión e a aparición dos videoclubs xerou unha crise nesa forma de ver cine.

Cultura

Publica o teu comentario agora