EU reúnese esta semana cos usuarios do Centro Social de Fene

EU reúnese esta semana cos usuarios do Centro Social de Fene

10 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

EU manterá unha xuntanza cos socios e socias do Centro Sociocomunitario de Fene esta semana. Queren escoitar de perto os seus problemas e inquedanzas e, se fora necesario, apoialos nalgún tipo de movilización. A última nova de que o centro pechará as portas os sabados, domingos e festivos, é a gota que colma o vaso da preocupación polo estado do centro da terceira idade, segundo declaraba esta mañán a concelleira de EU, Mª Carmen Mart

Os problemas recrudecéronse no pasado mes de setembro cando se subiron os prezos das actividades culturais e deportivas que se desenvolven no centro social da Torre, pero remóntanse dous anos atrás cando a Xunta decide pechar as cociñas por non axustarse á normativa vixente, de hixiene e seguridade, o mesmo que ocurriu coa perruquería que funcionaba no inmoble. Unha cousa levou á outra e o peche da cociña impedíu celebrar os xantares quincenais e iso levóu a que a cafetería non sexa rendible e neste momento permaneza tamén pechada. A gota que colma o vaso é o peche do centro os fins de semana e festivos. Segundo Mª Carmen Martínez, a xente que acode ao centro é xente maior, moita vive soa e  precisa ese lugar para socializarse.

Consello escolar municipal

No mesmo espacio de As Foxas a concelleira de EU referíuse á aprobación dos estatutos para a creación do Consello escolar municipal no ultimo pleno, agardando que se constitua e reuna o antes posible porque circulan de novo rumores que apuntan ao risco que corren os centros escolares de Fene de cara ao próximo curso. Martínez téme que a Xunta volverá á carga e non debe collelos desprevenidos como ocurríu o curso pasado. 

Sociedade