Eu tamén axudo aos animais.

Eu tamén axudo aos animais.

07 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Cometa organiza unha Gala benéfica baixo o lema “Eu tamén axudo aos animais” Será mañán domingo no Auditorio de Narón, a partir das 6 da tarde.As entradas para asistir á Gala benéfica custarán 3 euros. Estarán á venda mañán na billeteira do Auditorio de Narón, unha hora antes da gala.

    
Baixo  o lema “Tamén axudo aos animais” abrirá a gala a escola de Danza oriental “Shakti Danza” . Seguirá a actuación de alumnos-as do Conservatorio de Música de Ferrol e os da Escola de Danza Matilde Pedreira. Tamén a escola da Vaca colabora desinteresadamente co acto.

 Cometa pretende recadar fondos para o refuxio que está construíndo no concello de Narón. Os donativos que se recaden na Gala empregaranse totalmente neste obxectivo. Na Gala contan co apoio tamén do concello.

Sociedade