ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Escapounos das mans”. Segunda Galicia da Liga feminina. Pastoriza 3-2 Maniños. Abriu e pechou o marcador a goleadora do Maniños, Lorena Saavedra que marcou nos minutos 14’ e 42’, pero non chegou para sumar en Meicende. Analizamos o partido co adestrador Juanjo Iñiguez, e con Pablo Iñiguez, delegado do equipo.
“Foi a euforia de vernos ganando e non saber xestionalo, iso pasounos factura”, opina o míster. “Un partido que dá mágoa, escapounos das mans por non saber xestionar ben os estados de ánimo, fiámonos de que empezamos ganando”. O adestrador destaca o gran traballo que está a facer o equipo “levan mes e pico loitando trece e cumprindo obxectivos”. “Xogamos un fútbol moi bonito, cómodo, non nos favorece o resultado, regalamos un punto ou incluso tres”, apunta o delegado do equipo.
Publica o teu comentario agora