Eume - Ortigueira: A guerra das galaxias

Eume - Ortigueira: A guerra das galaxias

09 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Moitos dos partidos da xornada do grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol adiantanse para este xoves. O Eume e o Ortigueira lideran a clasificación empatados a 66 puntos. Queda pouco para o remate, e só un equipo logrará o ascenso de categoría.

O Ortigueira recibe ao Numancia de Ares e o Eume Deportivo xoga en Pontedeume contra o Valdoviño. Igualmente o Galicia de Mugardos B enfrontase na Pedreira ao San Sadurniño. Estes partidos comezarán todos as cinco da tarde. Pola mañá ás 11,30 no campo de San Xoan xogan o San Pablo contra o Narón B. O venres ás 5 da tarde o Galicia de Caranza disputa o seu partido contra o Animas. Xa o domingo xogaráse o Narahío Cariño e o Cedeira Miño, ademáis do derby local entre o Maniños e o Barallobre.

Deportes