As evidencias xenéticas, lingüísticas e arqueolóxicas demostran a orixe celta de Galicia

As evidencias xenéticas, lingüísticas e arqueolóxicas demostran a orixe celta de Galicia

13 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Este venres 15 de abril comeza no Pazo da Cultura de Narón o III Congreso Internacional sobre a Cultura Celta: Os celtas da Europa Atlántica, organizado polo Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC), co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación da Coruña e o Concello de Narón. O evento desenvolverase ao longo de tres intensas xornadas, ata o domingo 17 de abril, e ten como principal obxectivo pechar o debate sobre a orix

É representativo da primeira destas liñas de investigación o Departamento de Medicina Forense da USC dirixido por Ángel Carracedo. “O equipo do profesor Carracedo ten demostrado que estamos emparentados xeneticamente cos pobos do norte atlántico europeo e así o exporá no congreso”, comenta Pena Graña. Da segunda rama, a da lingüística, destaca o traballo do catedrático de Lingua e Literatura Grega da USC Juan José Moralejo e o indo-europeísta da Universidade de Leipzig Carlos Búa Carballo, principal discípulo de Jürgen Utermann. “Se Carracedo di que os pobos se moven, Moralejo e Búa Carballo amosan como levaron con eles a lingua e a toponimia”, explica o organizador do congreso. Por último, é o propio André Pena Graña quen encabeza os estudos sobre o xeito de organización dos distintos pobos asentados en Galicia e as súas institucións. En concreto no seu relatorio falará da Teba ou Toudo, “o territorio político celta cun dereito xurisdicional público e privado de seu”. Pena Graña asegura que o desenvolvemento arqueolóxico do mobiliario e inmobiliario ata a Idade Media pon de manifesto a continuidade dun modelo organizativo con respecto ao resto dos pobos celtas. “Galicia é un país atlántico con vida propia orientada aos seus veciños de Portugal, Gran Bretaña, Bretaña e Irlanda”, conclúe.

Palestra inaugural

Segundo as hipóteses actuais das investigacións sobre os movementos de poboacións, rastrexados a través dos patróns xenéticos e que teñen como un dos seus máximos representantes ao catedrático de Medicina Forense da USC Ángel Carracedo, hai máis de 20.000 anos, a poboación europea buscou un refuxio climático na Península Ibérica por mor das glaciacións e en boa medida asentouse no noroeste peninsular. Tralo desexo parte desta poboación volveu migrar de Galicia para Irlanda, logo de Irlanda saltaron a Gran Bretaña e desde alí regresaron ao continente. André Pena afirma que, con base nos achados do departamento dirixido polo profesor Carracedo, “podemos afirmar que a lenda de Breogán é certa”. Precisamente será o catedrático Ángel Carracedo o encargado de impartir a palestra inaugural do congreso, baixo o título “Os movementos de poboacións no N.O. da península Ibérica á luz da xenética”, na que achegará datos reveladores ao respecto.

Galicia e as dúas beiras do Atlántico
 
O III Congreso Internacional sobre Cultura Celta, centrado desta volta nas conexións de Galicia co resto da costa atlántica de Europa e América, quere demostrar tamén como a cultura celta viaxou ao outro lado do océano. “En Galicia temos moitas semellanzas cos pobos celtas europeos, pero tamén coas tradicións dos pobos da outra beira do atlántico, porque todos os labregos galegos ou irlandeses que emigraron a América levaron con eles as tradicións, un xeito de vida, a lingua...”, explica André Pena, que engade que existen moitos exemplos disto como o feito de que algúns pobos da Patagonia falen galés.

Darán conta destes vínculos o catedrático da Universidad del Salvador (Bos Aires) Higinio Martins Esteves, cun relatorio titulado “As Célticas Hespéricas”; a profesora da Universidade Federal de Uberlândia (Minas Gerais) Ana Donnard, que falará dos estudos célticos no Brasil; o escritor e académico da AGLP Artur Alonso Novelhe, que abordará Galicia como ponte de relacións culturais atlánticas; e o historiador, escritor e académico da AGLP José Manuel Barbosa Álvarez, que analizará o celtismo e a mitoloxía no mundo do Brasil.

Unha das grandes civilizacións

O obxectivo final do congreso é demostrar que a celta foi unha das grandes civilizacións do mundo e que Galicia xogou un papel central no seu espallamento. Para isto conta coa presenza dos máximos representantes do celtismo en Galicia e a nivel internacional. Ademais dos xa citados, cómpre destacar o antropólogo británico Martin Harris; os profesores da Sorbona Vencenlàs Kruta, Jean Haudry e Philippe Jouët; e o arqueólogo bretón Yves Le Bechennec, escavador da maior necrópole gala.

“En vez de ser unha culturiña castrexa, somos unha primeira civilización europea, ao nivel doutras como a exipcia, e por iso non estamos só aquí, senón que tamén nos espallamos pola outra beira do Atlántico”, asegura Pena Graña. “E podemos presumir de que esta civilización a fundamos nós”, engade. O historiador e arqueólogo do concello de Narón, organizador do congreso, está convencido que que “o futuro de Galicia pasa por promocionar a súa orixe celta, a lenda de Breogán, a Torre de Hércules, Fisterra, a nosa relación co mar, por recuperar as fragas e os lugares sagrados, as nosas celebracións máis xenuínas, o entroido de Laza... para crear unha alternativa potente de desenvolvemento cunha imaxe de marca propia”.

Máis información e programa completo en: www.estudosceltas.org.

Cultura