Exito de público na Macrofesta do motor de Maniños

Exito de público na Macrofesta do motor de Maniños

23 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Escudería Scracht Fene logrou reunir a centos de mozos e mozas nas instalacións do Pote de Maniños para gozar coas probas da Macrofesta do Motor. As exhibicións de Pedro Villar no campo da festa, o seu dominio do vehículo acompañado dunha espectadora que actuou como copiloto, arrincaron o aplauso do numeroso público congregado no lugar, a pesar das elevadas temperaturas e do sol que mandou durante toda a xornada.

O campionato galego de trompos, o ralisprint de carretillas e o campionato do mundo de cambio de rodas, sucedéronse desde as 12 da mañá. Tamén despertou expectación a primeira edición do Campionato Continental de Aparcamento Express. Numerosos vehículos antigos tamen se achegaron a Maniños e despertaron a curiosidade dos visitantes.

Sociedade