Expertos en innovación de 16 países reúnense en Santiago

Expertos en innovación de 16 países reúnense en Santiago

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 250 expertos de 16 países de Europa e América Latina daranse cita desde mañá ata o venres na II Conferencia do Fórum Euro-Latinoamericano de Torino. O obxectivo deste evento é o de servir de marco de encontro e colaboración no campo da innovación tecnolóxica aplicada ao desenvolvemento rexional.

 

Cada dous anos, o Fórum de Torino organiza un encontro cuxa finalidade é o desenvolvemento de proxectos de colaboración involucrando aos membros europeos e latinoamericanos. A cita de Santiago de Compostela, patrocinada pola Consellería de Innovación e Industria, ponse en marcha baixo o título Sistemas rexionais de innovación: da visión á realidade.

Os organizadores do evento entenden que este pode supor unha boa oportunidade para que Galicia amplíe as súas posibilidades de negocio, incremente a cooperación tecnolóxica e poña en común servizos especializados. Porén, a nosa comunidade non ten só moito que aprender no Fórum, senón tamén que ensinar. Segundo declarou en Radiofusión o director xeral en funcións de I+D+i, Salustiano Mato, moitos países amosaron o seu interese en coñecer o sistema galego de innovación, xa que este introduce “moitas novidades” na relación entre as empresas e a Universidade.

 

Institucional