A exposición Deadlywood viaxa á Coruña

A exposición Deadlywood viaxa á Coruña

10 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un xove fenés, de profesión enxeñeiro industrial, destápase como un fotógrafo singular. Falamos do veciño de Sillobre, Alex Pérez, que ven de recoller do Centro Comercial Dolce Vita de Narón unha curiosa exposición de retratos de muller que colgou por primeira vez baixo o título “Deadlywood" unha sorte de palabra que nos trae á mente ás vellas glorias de Hollywood.

Esa mesma exposición que agora marcha a un local da rua Panaderas da Coruña, onde se exhibirá durante todo o mes de febreiro.  Alex Pérez fuxe de modas e de retoques. Gosta da foto pura e das fotos antigas, segundo confesaba esta mañán nunha entrevista en Radio Fene.

Alex Pérez non pensaba en expoñer nen nada semellante pero sempre levou no bolso unha camara pequena con el. Agora a dixitalización das cámaras favoreceu o achegamento da Fotografía a todo o mundo, democratizou a afición e abaratouna, por iso se permite satisfacer esa afección que sempre estivo latente. Nesta mostra de retratos que presenta co titulo de “ Deadlywood” Alex Pérez da renda solta á sua imaxinación, enfocando personaxes reais, anque pouco habituais, cun aire que se correspondería cos iconos das artistas de Hollywood. Durante o Nadal pasaron polo centro comercial da Gándara unhas 500.000 persoas que poideron ver a mostra. Agora permanecerá no local coruñés, para un público quizás máis esixente.

Sociedade