A exposición do Ferrocarril Betanzos- Ferrol chega a Fene

A exposición do Ferrocarril Betanzos- Ferrol chega a Fene

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chega a Fene a “Exposición Centenario do Ferrocarril. Historia e Patrimonio“, organizada pola Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril, con motivo do centenario da entrada en funcionamento da liña do ferrocarril Betanzos-Ferrol. A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene dende hoxe ata o 31 de marzo, en horario de mañán e tarde, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas.

Dende a área de promoción económica estanse a organizar visitas guiadas para colexios, asociacións ou colectivos interesados en asistir. Para reservar cita ou consultar calquera dúbida, pódese chamar ao número de teléfono 981 49 27 67 (extensión 2238). Na presentación da mostra estiveron o alcalde Iván Puentes, o presidente da Asociación Ferrolterra Amigos do Ferrocarril, Manuel Salvador del Río e o secretario, Armando Lema. O presidente explicou cómo grazas á colaboración da xente, veremos en Fene unha mostra que se vai incrementando co paso do tempo. O alcalde de Fene incidiu na oportunidade de desenvovlemento que o tren aportou a esta comarca. Iván Puentes.

Para conmemorar o 5 de maio de 1913, día de entrada en funcionamento da liña do ferrocarril Betanzos-Ferrol, os concellos polos que discorre a liña e a AFAF crearon un comité co fin de programar actividades ao redor desta data. Un exemplo temolo nesta exposición itinerante que xa estivo en Betanzos e Narón. Trátase de material histórico, unha proxección sobre o ferrocarril para explicar como foi o funcionamento do vapor e como se traballaba antigamente e fotografías dende 1896 ata a actualidade. Toda unha retrospectiva da historia do ferrocarril entre Betanzos e Ferrol.

Sociedade