ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Monfero, na parroquia de Santa Xiá de Monfero, xa se atopa totalmente extinguido. Anunciouno esta mañá a Consellería de Medio Rural.
O lume iniciouse ás 18:48 horas do martes, 26 de abril, e quedou extinguido ás 20:45 horas da tarde de onte, mércores. Segundo unha primeira valoración provisional, a superficie afectada é de 72 hectáreas, das cales 20 son de arborado e 52 de monte raso. Nos labores de extinción deste lume traballaron 2 técnicos, 8 axentes forestais, 12 brigadas, 6 motobombas e 2 helicópteros.