A extrema dereita denuncia a Touriño polos gastos de protocolo

A extrema dereita denuncia a Touriño polos gastos de protocolo

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Alternativa Española (AES) presentou unha denuncia contra o presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño por "posible malversación de fondos públicos". A Fiscalía Xeral do Estado remitiu esta denuncia á Fiscalía Superior de Galicia para que continuen os trámites. Alternativa Española é un partido de extrema dereita, xenófobo e racista, que non ten representación no Congreso dos Deputados.

O voceiro de Alternativa Española Francisco Torres salienta nun comunicado que a denuncia segue o seu curso. Medios de comunicación como ABC e Intereconomía fixéronse eco nos pasados meses duns gastos de protocolo presuntamente suntuosos. Tamén na campaña das eleccións autonómicas, o Partido Popular insistiu na denuncia de despilfarro en remodelación de despachos, sillas e na adquisición dun Audi blindado.

 

Na campaña electoral, Pérez Touriño negouse a respostar a esas acusacións, indicando que "non quería contribuir a enlamar a vida política". O pasado xoves, despois do Consello da Xunta, o presidente en funcións revelou que a administración autonómica posue os 32 Audis que deixou Fraga. O PP na Xunta adquiriu o primeiro de dous Audis A8 bilndados no 2001. O segundo, adquirido un ano máis tarde, custou 331.000 €. Segundo Touriño, as dúas operacións realizáronse sen dotación presupostaria previa.

Institucional