Fía na roca celebra os seus “15 maios” de vida coa publicación dun DVD

Fía na roca celebra os seus “15 maios” de vida coa publicación dun DVD

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Pasaron 15 primaveras desde a primeira vez que Fía na roca subiu a un escenario. Nese tempo a banda publicou cinco discos, ofreceu concertos en distintos continentes, mudou parte dos seus integrantes e deixou de ser un proxecto instrumental para incorporar voz aos seus temas. O que non cambiou, segundo un dos históricos da banda, Xosé Ramón Vázquez, é “a idea inicial de facer música contemporánea partindo da tradición galega, á marx

O novo traballo de Fía na roca é o resultado dunha gravación en directo realizada o 30 de xuño no Teatro Principal de Santiago, na que interpretaron temas de toda a súa carreira e unha composición nova. Xosé Ramón Vázquez asegurou en Radiofusión que se trata dunha “ocasión fermosa para dar a coñecer o que facemos despois de tantos anos”. Ademais, engadiu, "por primeira vez non só poderán oírnos, senón tamén vernos".

O grupo presentará o traballo do mellor xeito que sabe facelo: enriba dun escenario. Ofrecerán un concerto mañá xoves no Teatro Rosalía de Castro, na mesma data na que sae á rúa Quince maios. O DVD poderá adquirirse co semanario A Nosa Terra e, semanas despois, chegará ás tendas de música.

Cultura