A falta de médicos centrou o debate

A necesidade de cubrir a praza vacante de médico no centro de saúde do Tarrío-Fene, centrou boa parte do debate entre os grupos da oposición e do goberno de Fene.
08 de Febreiro, 2019 - 09:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene posicionouse de xeito unánime contra a violencia de xénero e respaldou o compromiso de medidas contra o cambio climático. Asimesmo a institución conmemorará o domingo 24 de febreiro o Dia de Rosalía, con diferentes actos en lembranza da autora de Cantares Gallegos. 

ESCOITA O PODCAST:
Avenida Naturais de Fene. Leva ese nome pola sociedade formada por emigrantes de Fene

Fene sumouse ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía. Un compromiso derivado da Unión Europea cuxo reto é diminuir as emisión de CO2 daquí ao 2030 partindo da vontade de cada concello, con boas prácticas e tomando medidas en relación cos recursos enerxéticos. Preténdese que no 2020 se teñan sumado ao reto todos os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes. Poderase acceder ás axudas económicas. A primeira medida será a implantación do colector marrón para una recollida máis selectiva dos resíduos orgánicos. Disporase dunha oficina técnica para asesorar aos concellos adheridos ao plan. A todos os grupos da corporación pareceulles ben a iniciativa e congratuláronse de que Fene se adhira a ela. Apostaron por poñer datas e ir dando pasos. Aprobouse por unanimidade.

Mocións sobre a sanidade pública

Despois debatiuse a moción de BNG e EU sobre a sanidade pública e o PAC de Fene. O voceiro do BNG criticou a política sanitaria da Xunta de Galicia, a reducción de orzamento, reducción de persoal e de camas hospitalarias e a desviación a centos privados. A atención primaria foi a que máis sofriu os recortes dende o 2009 para aquí, 2000 millóns de euros menos, segundo afirmou Juventino Trigo. Non se sustituen os médicos nos centros de saúde e xa hai listas de espera nos ambulatorios. Solicitaron que o pleno esixa á Xunta de Galicia que aumente o orzamento en sanidade, a convocatoria de prazas para cubrir as vacantes (en particular no centro de Fene) e poñer a disposición dos pacientes todos os recursos dos que se dipón. Tamén reverter as privatizacións e externalizacións dos servizos sanitarios. Propuxeron que o alcalde solicite una reunión co xerente da área sanitaria para tratar este problema. A iniciativa aprobouse cos votos favorables do BNG,EU, PSOE e a abstención de PP e Somos Fene.

O PSOE presentou unha iniciativa similar. Antón Noceda insistiu na ratio recomendada do numero de pacientes que por cada médico é de 1500 cartillas. No caso de pediatría 800 cartillas por pediatra. Fene neste momento supera por momentos esas ratios ao non sustituirse médicos e pediatras en tempo de vacacións ou de baixas. Engadiu o portavoz socialista que a Xunta de Galicia leva uns anos sen contratar aos titulados MIR, so o 15%. O 85% restante queda sen contratar. Apuntou que o concello de Fene é un dos que aínda paga o mantenemento dos seus centros de saúde. Na moción pediron a elaboración dun informe dos problemas estructurais dos centros; traspasar o seu mantemento á Xunta e contratar sustitutos das prazas vacantes. Xoan Manuel Rodríguez Bastida, no nome do goberno bipartito, manifestouse a favor da contratación dos médicos necesarios en Fene, daí a abstención para que prosperasen as dúas mocións presentadas. Dito isto, defendeu que o actual sistema nacional de saúde data do 1986 e quizás precisa una reforma estructural e un cambio innovador porque desde hai trinta anos mudaron moitas cousas. Seguro que é difícil e arriscada políticamente, afirmou. E puxo o acento dos males do sistema sanitario na mala gobernanza e no clientelismo. O goberno central e as autonomías deben asumir as reformas de longo alcance, defendeu Bastida, e resaltou a importancia de reforzar a atención primaria, enfermería e xeriatría. Rocío Bértoa amosouse dacordo con pasar o mantenemento do centro de saúde á Xunta e anunciou que o goberno presentou na xerencia da área sanitaria una proposta de ampliación de especialidades no centro de saúde de Fene. O BNG repetiu que a súa iniciativa quere solventar o problema concreto que ten Fene neste momento, a falta de dous médicos. EU deu un dato que lles comunicaron os médicos de Fene, que 800 médicos marcharon nos últimos catro meses. A moción socialista prosperou cos votos de BNG,PSOE,EU e a abstención de Somos Fene e PP.

Outra proposta socialista sobre a violencia de xénero, calificada como una "lacra terrible" polo seu voceiro, incidiu no paso atrás que supoñen as manifestacións de determinadas forzas políticas que pretenden abolir a lei de violencia de xénero. Houbo unanimidade.

Día de Rosalía

A voceira do PP, Rocío Bértoa, adiantouse á última moción do PSOE sobre o 24 de febrero na que os socilaistas demandaban actividades no Día de Rosalía. Bértoa anunciou que ese dia se comerá un caldo de gloria nos locais de hostelería de Fene e se fará un acto no parque adicado á autora de Padrón,  nas casas verdes de Perlío, coa actuación do Tradicoro. O 24 cadra en domingo de feirón en Perlío. Tamén durante este mes farase un bookcrowsing soltando 50 libros de Rosalía de Castro, recitáis escolares e una exposición de libros de Rosalía na biblioteca. Os membros do goberno local rexeitaron finalmente a urxencia dunha moción que ía defender EU no nome do comité de Navantia. O pleno rematou coa rogos e preguntas dos grupos da oposición.

Institucional

Publica o teu comentario agora