Fantoches Baj aposta polo teatro obxectual para viaxar polos derradeiros anos de Lois Pereiro

Fantoches Baj aposta polo teatro obxectual para viaxar polos derradeiros anos de Lois Pereiro

10 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Poesía Última de LP (Lois Pereiro), así se chama o novo espectáculo da compañía de monicreques Fantoches Baj, dirixida por Inacio Vilariño. Unha proposta que renuncia aos bonecos, pero non ao teatro de obxectos, construído a base de palabras e música en directo, e cos textos de Poesía última de amor e enfermidade como protagonistas. A partir dos seus poemas, e mediante

A posta en escena é simple e innovadora. As letras que conforman o título do espectáculo van construíndo palabras que nomean os espazos, obxectos e sentimentos que acompañaron a Lois e as súas relacións e amizades, personaxes que se materializan baixo a forma das iniciais dos seus nomes.

Benxamín Otero encárgase do son e toca en directo a música, que axuda a crear os ambientes necesarios e a ilustrar algúns dos espazos que recorreu Lois (o hospital, a praia de Barrañán, o bar Parrús no Orzán, a súa casa...). Esta banda sonora mestura composicións propias con fragmentos de pezas queridas e escoitadas por Lois de Pata Negra, Zeca Afonso, Satie, Mahler, Bach, entre outros.

Poesía Última de LP estreouse o pasado venres no Barriga Verde de Lalín. Este xoves, 12 de maio, presentarase na Biblioteca González Garcés da Coruña, o 17 no Verbum de Vigo, o 19 na Biblioteca de Pontevedra e o 21 en Carballo.

Cultura