A Feira da Cantería de Parga achega actividades para pequenos e maiores o vindeiro domingo

A Feira da Cantería de Parga achega actividades para pequenos e maiores o vindeiro domingo

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O son dos martelos e dos ciceis sobre a pedra mezclarase co sabor e o olor dos callos o vindeiro domingo 5 de xullo en Parga. A partir das 10.00 horas da mañá porase en marcha a XV Feira da Cantería, Callos e Artesanía desta parroquia do Concello de Guitiriz.

O prato forte será a celebración do XIII Concurso de Cantería, que dará comezo a partir das 10.00 horas, momento no que tamén se procederá a abrir a Feira de Artesanía e de produtos típicos, onde os visitantes poderán deambular entre artigos de decoración e de utilidade para a casa elaborados a man, ademais de poder mercar boas viandas que fagan pasar mellor o día e combater a fame que se poida acumular.

 

 

Pero si falamos de xantar, é obrigado facer mención á posibilidade de levar á boca uns bos callos. Na carpa situada na Carballeira se proporcionará esta tradicional comida galega, a partir das 13.00 horas.

 

Antes xa estarán programadas toda unha serie de actividades para pasar un bo rato con pequenos e maiores. Así, ás 11.00 horas, as instalacións do CIT acollerán a demostración dun monitor da Federación Galega de Pesca. Media hora mais tarde, os amantes dos automóbiles poderán facer memoria e curiosear entre os  coches antigos da Asociación do Automóbil Club que se achegarán ata a zona.

 

Contra o mediodía, abrirase ao público a exposición da Casa da Escola, na Rúa Pena Xiboi, xusto antes de que, sobre as 13.30 horas, o enxeñeiro de camiños Manuel Durán dea lectura ao pregón da festa.

 

Xa pola tarde, o protagonismo será para os cativos, xa que están previstas unhas actividades para que este domingo sexa un día inesquecible de diversión. Os xogos comezarán ás 16.00 horas co taller de “Pintacativ@s”, nas instalacións do CIT. Ás 17.00 horas disputaranse unhas olimpiadas de xogos tradicionais, mentres que ás 18.00 horas os pequenos poderán participar nunha piñata.

 

Será contra as 17 horas cando se saiba quen é o mellor canteiro, xa que é nese momento cando o xurado emite o faio do XIII Concurso de Canteiros, procedendo, a continuación, á entrega dos premios.

 

As 18.30 terá lugar un espectáculo ecuestre con exhibición de doma de alta escola, xusto antes de dar paso á música da orquestra Alianza, que dará remate a esta xornada festiva nesta localidade chairega.

Sociedade