Fene aborda a execución de numerosas obras

Fene aborda a execución de numerosas obras

07 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores de Navantia movilizáronse de novo. Ás 11:30 concentráronse no departamento de turbinas, no interior do estaleiro, unha das áreas con maior subactividade. O desvío de parte do traballo do flotel a Cadiz está detrás das protestas, que de momento se desenvovlen no interior da factoría e despois sairán na rúa. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, amosouse moi enfadado e contrariado por esa medida da que, con duras pala

Gumersindo Galego culpa de inoperancia aos altos responsables de Navantia no desvío de parte do flotel a Cádiz e extende a responsabilidade ao Ministro de Industria, se non toma medidas. O rexedor fenés non descarta que, de chegar a construcción dos dous barcos para Australia, non manden un deles a facer a Cádiz.

Obras para Fene

Xa noutra orde de cousas, no mesmo espacio As Foxas de Radio Fene, Galego especificou as obras de infraestructuras que están a piques de comezarse despois de que se liciten. Referiuse á rúa que baixa ás praias en Limodre e ao camiño do campanario. Tamén se asfaltarán o camiño de San Xiá (de Fonte do Campo a Sartego) e o alcantarillado en Orra. Esas están xa para executarse.

Despois virán as do POS 2014 xa acordadas pola corporación que se presentarán antes do 1 de decembro. Entran neste capítulo a renovación da conducción de auga na Avda das Pías, moi deteriorada e que rachou este verán. O presuposto é de 200.000€. Co que queda reporase o firme da rúa da Unión en Maniños (detrás da Sociedade O Pote).

Pero a maiores, executaranse obras por valor de 400.000€ sobrantes da Tesourería municipal que deben acordarse cos grupos da oposición, pero Gumersindo Galego adiantou algunhas suxerencias que perfila o grupo popular, entre as que se encontran máis aglomerados, a pasarela de San valentín, o peche da pista polideportiva deste barrio ou levar a luz pública a Prismos e Os Carballás.

O alcalde fenés anunciou que se fará unha auditoría do estado dos parques infantís do concello. Ante as reclamacións do grupo socialista, Galego responde que foi o goberno anterior o que fixo mal as cousas e puxo como exemplo a Praza Verde que agora se somete a obras de remozamento para correxir os erros cometidos.

Aínda anunciou Gumersindo Galego obras con cargo ao Plan para o medio rural, por un valor de 72.000 euros que Fene investirá no aglomerado da pista que rodea ao cemiterio municipal. Tamén se comprometeu Galego a dirixirse ao Ministerio de Fomento para ver que solucións se poden dar ao perigoso tramo da N 651 en Rego da Moa, tras o último accidente mortal ocurrido o pasado mes de setembro.

Sociedade