ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse ao curso de “pilates contra a dor de costas” que organiza a concellería de Xuventude, Ocio e Deportes de Fene para o mes de xullo. As persoas interesadas deben inscribirse antes do día 3, nas dependencias municipais da Avenida Naturais, 44, entrechán. A actividade é gratuita.
Presentar e dar a coñecer o método Pilates como unha ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas a través do exercizo físico controlado e conscente”, é o principal obxectivo do curso que organiza o Concello de Fene para o verán. Desenvolverase no pavillón A Xunqueira de San Valentín, do 10 ao 31 de xullo, e vai dirixido a tódalas persoas interesadas, co único requisito de que non padezan nin lesión nin limitación aguda de movemento.
Para o curso de “Pilates contra a dor de costas” realizaranse dous grupos de 8 a 10 persoas; o primeiro para idades comprendidas entre 25 e 45 anos e o segundo para os sectores de idade entre 46 e 65 anos. As clases desenvolveranse de luns a venres, de nove a dez da mañá, o primeiro grupo, e de doce e unha, o segundo. As persoas interesadas en anotarse deben pasar polas oficinas da Concellería de Deportes ao longo da vindeira semana.
O Pilates é un metodo creado a comezos do século XX. Logo de sufrir durante a infancia todo tipo de patoloxías, o seu ideólogo, Joseph Pilates, decidiu desenvolver un peculiar sistema de acondicionamento físico e mental chamado “Controloxía”, o que él definiu como “a ciencia e a arte do desenvolvemento coordenado de Corpo-Mente-Espíritu a través de movementos naturais e baixo o estricto control da conciencia".
Para desenvolver esta disciplina, Pilates empregou os seus coñecementos de ioga e artes marciais, ademais de incluir certos elementos da danza, e combinou todas estas habilidades co seu coñecemento do exercizo físico e a anatomía. Con posterioridade, a súa técnica foi rebautizada como Método Pilates, na honra do seu creador.