Fene cantou a Rosalía

Fene cantou a Rosalía

25 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene sumóuse ás celebracións en honor a Rosalía, propostas pola AELG. A conmemoración do ‘Día de Rosalia’ comezou en Fene ás 12:00 h do pasado venres, cando alumnado do CPI A Xunqueira de San Valentín, IES de Fene, CEIP de Centieiras, CEIP O Ramo, Colexio ‘Jorge Juán’ e CEIP Os Casais procederon ao recitado, de xeito simultáneo, de diferentes poemas de ‘Cantares Gallegos’. Lecturas, al

O recital, conducido por Almudena Marcos, comezou coa lectura de ‘Un repoludo gaiteiro’ a cargo da representante do CPS de San Valentín, Loreto de Castro. Seguíronlle, por orde de intervención:

Matilde Castro, do CMI Unidade de Fene, con ‘Quíxente tanto meniña’
Mariola Hermida, do CCRD de Perlío, con ‘Campanas de Bastabales’
Carmen García López, da ACRD Liga de Amigos de Barallobre, con ‘San Antonio bendito’
Valentín García Modrón, da Banda Tradicional de Gaitas Airiños de Fene, con ‘Acolá enriba’
Xosé María Rivera Arnoso, da SCRD O Pote de Maniños, con ‘Eu ben vin estar o moucho’
María José García Ponte, da A.VV de Limodre, con ‘Roxiña cal sol dourado’
Andrés Picallo, de Agarimo de Sillobre, con ‘Ora, meu neniño, ora’
Rosa Allegue, da A.VV de Magalofes, con ‘Non che digo nada’
Mónica Fernández Rodriguez, da Asociacion Máis Vida, con ‘Castellana de Castilla’
Rocío A. Bértoa Puente, concelleira de Cultura e voceira do grupo municipal do PP, con ‘Nosa señora da Barca’
Antón Noceda, no nome do do grupo municipal do PSdG-PSOE, con ‘Meniña, ti a máis hermosa?
Manuel Polo Gundín, voceiro do grupo municipal do BNG, con ‘Que ten o mozo?’
María del Carmen Martínez Rodríguez, voceira do grupo municipal de EU, con ‘Castellanos de Castilla’

Puxéronlle o ramo, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego Feal que leu ‘Adios ríos, adios fontes’ e a Coral Polifónica da SCRD Agarimo de Sillobre que interpretou ‘Negra Sombra’.

Sociedade