Fene, cerca do consenso para aprobar os Orzamentos do 2010

Fene, cerca do consenso para aprobar os Orzamentos do 2010

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hai principio de acordo para que Fene teña uns orzamentos aprobados no mes de maio. É a interpretación do alcalde, Ivan Puentes e do voceiro do BNG, manuel Polo, trala nova xuntanza que mantiveron os grupos municipais de PSOE e BNG onte á tarde. O 90% das suxestións aportadas polos nacionalistas se recollen no novo borrador e iso fai pensar que podería haber consenso unha vez que as respectivas asambleas de ambos grupos políticos o ratifiquen. De ser as&

No novo borrador, o PSOE asume o 90% das aportacións do Bloque que, resumidas, serían estas:    

Incluir unha partida, a que esixe a Xunta de Galicia, para acometer a obra da auga a Magalofes e auga e saneamento a San Marcos e parte alta de Sillobre. A plantilla da limpeza municipal pasa a facer xornada completa e o servicio de Axuda no Fogar realizarao o persoal do concello. Resérvase unha partida para crear unha bolsa de emprego, unha especie de Plan de emprego municipal polo que se realizarán contratos de peóns para a realización de pequenos traballos de mantenemento. O concello asumirá as facturas do 2009 que rondan o millón de euros. A esixencia do Bloque pasa por pagar máis da metade nos próximos meses.  

O portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Polo, amosou a boa disposición a apoiar as contas de Fene neste 2010  porque o grupo de goberno recolleu boa parte das suxestións do seu grupo e, a pesar do que queda no camiño, afirmou Polo, teñen que sair adiante polo ben dos veciños do concello. Para Polo é unha mágoa que o orzamento non se aprobase antes porque vai ser complexo poder adxudicar as obras da Deputación do 2007 en prazo, no mes de xuño.

Como avance importante o voceiro do Bloque destaca que se inclue no Presuposto, un plan de emprego, a execución da segunda parte do Parque Castelao ou unha partida para pagar as débedas a proveedores. Como asignatura pendente ao Bloque quédalle sen incluir, no texto deste ano, a apertura de tres ruas: a que vai do Ameneiral ao Tarrío-  detrás de Eroski-  a rua que discurre paralela á via do tren e a que une a rua do Concello coa dos Muíños.

Puentes achegará agora o novo borrador ao PP quen, a pesar de desmarcarse dende o principio das negociacións, ten a intención de pedir aos populares as suas aportacións e o seu apoio. O mesmo ocurrirá con EU. O portavoz do PP, Gumersindo Galego, amosase disposto a retomar as negociacións e interesado en coñecer o novo borrador dos Orzamentos. O principal escollo para eles era a débeda dun millón de euros que, de poñerlle remedio, facilitaría moito o entendemento.

Sociedade