Fene conta xa cun parque xenial

Fene conta xa cun parque xenial

25 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da finca de Cela en Fene executarase con cargo aos 200.000 euros que achegará a Deputación da Coruña, tal e como confirmou o alcalde de Fene, Iván Puentes este mediodía no acto de inauguración da segunda fase do Parque Castelao. Entidades veciñais e culturais, así como o profesorado e alumnado da escola obradoiro que executou as obras, presenciaron o acto con moi boa impresión sobre o resultado. Fene conta xa cun gran parque central que d

O acto contou coa presencia do Xefe Territorial da Consellería de Traballo, Luís Alvarez Freijido, quen se dirixiu ao alumnado da escola Obradoiro para felicitalos e aconsellalos para que pelexen por un posto de traballo ou formen a sua propria empresa.

O director do proxecto, Francisco Javier Gómez, explicou aos presentes a dificultade do terreo onde se executou a segunda fase do parque, unha zona de grande pendente que se salvou con sendeiros que nos trasladan aos planetas da saúde, dos olores, das cores e dos cativos.

A segunda fase do parque custou máis de 500.000 € e queda por último a rehabilitación da casa da finca que será posible grazas á aportación de 200.000 € comprometidos pola Deputación da Coruña.

Ao remate das intervencións, despois de destapar a placa e percorrer os sendeiros, o alcalde e o resto da corporación, entregaron no propio parque os diplomas aos alumnos e alumnas que remataron a sua formación na Escola Obradoiro durante o ultimo ano e medio.

Sociedade