Fene entrega o premio ao mellor escaparate navideño

Fene entrega o premio ao mellor escaparate navideño

14 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A votación popular para elixir aos gañadores do  Concurso de Decoración Navideña no comercio  e na hostelería de Fene rexistrou 1.368 votos  O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá o acto público no que se darán a  coñecer os establecementos gañadores do certame, que por  segundo ano consecutivo organiza a Concellería de Promoción Económic.

Os gañadores da segunda edición do Concurso de Decoración Navideña no comercio e hostelería de Fene sairán dunha votación popular. En total, e tras o reconto realizado no día de onte polo xurado, foron 1.368 papeletas as depositadas nas urnas dos establecementos participantes.
Unha cifra moi positiva para o departamento municipal de promoción económica que impulsou o certame. O Concello dará a coñecer o nome dos gañadores o venres 23 de xaneiro, nun acto público ás 20,30 horas no salón de plenos da casa consistorial. No transcurso do mesmo tamén se celebrarán diferentes sorteos de agasallos entre os clientes.
Os negocios inscritos, e que se disputan o orgullo de contar coa mellor decoración do seu escaparate, son: Floristería Azalea, Pastelería Martínez, Cafetería Fussion, Cafetería Lembranza, A Xoaniña, tenda de labores, Librería Corazón al Sur e Floristería Jimena.

Sociedade