Fene garante a auga a toda a poboación mentres dure a restricción

Fene garante a auga a toda a poboación mentres dure a restricción

17 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Obras e Servizos de Fene, en coordinación coa Alcaldía, articulou as medidas necesarias para garantir o abastecemento de auga á poboación mentres se manteñan as restricións para o consumo, derivadas da detección de niveis de trihalometano superiores aos permitidos na rede de subministro aos concellos de Ferrol, Narón, Ares, Mugardos e Fene. Dous camiós cisterna suministrarán auga en San Valentín e Pe

Esta mañá comezou o reparto a domicilio de auga embotellada a colectivos en situación precaria –persoas con problemas de mobilidade e familias con poucos recursos- Os SS SS municipais, dos que é responsable o concelleiro, Joaquín Ayala, puxéronse a a disposición dos usuarios e usuarias que precisasen o servizo. A partir das duas da tarde Viaqua puxo en funcionamento un depósito estable de subministro na Casa do Concello que dará servizo hoxe ata as sete da tarde.Mañá sabado, entre as 10 da mañá e as duas da tarde.

Continúa polo tanto a prohibición de beber auga da billa e mesmo cociñar con ella, ata novo aviso. Nalgúns medios afírmase que a restricción continuará ao menos ata mañá. Segundo trascendeu, a auga das Forcadas contén un exceso de trihalometanos pero, segundo asegura a Xunta de Galicia, non hai perigo para a saúde. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, fixo repaso da crise da auga esta mañá en Radio Fene, asegurando que a primeira información chegou ao concello, por vía telefónica, onte ás 11 horas, dende a Xunta de Galicia. De inmediato comezaba a difusión dun bando do alcalde informando da prohibición de utilizar a auga para cociñar ou beber e un vehículo con megafonía reforzaba esa información en todas as parroquias. Ao mesmo tempo, a concellería de Obras e Servicios encargaba á empresa concesionaria do servizo municipal a elaboración de informes diarias sobre o estado da auga. Os primeiros resultados chegaron ás 15 horas. As análises confirmaron a contaminación por trihalometanos nos tres puntos nos que se tomaron as mostras. Así, detectábase unha concentración de 133 microgramos por litro en Fene (mostra recollida ás 11.45 horas), 118 en Perlío (12 horas) e 104 en Fene (12,15 horas), cando o máximo permitido é de 100.

A información á cidadanía manterase a través de todas as canles municipais, megafonía, paxina web, Radio Fene...Protección civil colabora na distribución da auga, así como os SS SS están atentos ás demandas máis urxentes que podan producirse por parte dos seus usuarios. O concelleiro responsable desta área, Joaquín Ayala, recomenda ás persoas con escasa mobilidade ou aquelas con problemas económicos para pagar a auga embotellada, se poñan en contacto co Centro de Servizos Sociais de San Valentín, no teléfono 981 342660. 

Así mesmo, o Concello de Fene manterá a colaboración cos demais concellos afectados e manterá as analíticas diarias durante o tempo que se manteñan as restricións. Deste xeito, a empresa concesionaria do servizo de abastecemento tomará mostras a primeira hora da mañá para que os resultados estean dispoñibles xa ao mediodía. O edil de Obras e Servizos, Antón Noceda, destacou a celeridade da empresa, que permitiu que onte ás 15 horas Fene fose o primeiro concello en dispoñer de datos do estado real da auga e dos niveis de contaminación.

Sociedade